Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO II IDENTIDADE DIXITAL 2013

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO II IDENTIDADE DIXITAL  2013O prazo de inscrición estará aberto dende o 6 de maio ao 12 de xuño ás 14.30 horas.

NOTA IMPORTANTE: Este curso está dividido en 4 módulos, pero está pensado para que se poida facer independientemente cada un deles polo que se queres anotarte a máis de un cubre o correspondente formulario. Recibirás un diploma por cada módulo que realices
Destinatarios/as: Voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción social adheridas ao programa Voluntariado Dixital, e en xeral, calquera persoa e/ou organización interesada nesta materia.

Nº de horas: 8 horas

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: 100

Modalidade: Presencial

Contidos: Expedirase un certificado en función das partes do curso realizadas.

Parte II: IDENTIDADE DIXITAL
As capacidades da Web 2.0 encaixan perfectamente co proceso da demanda e oferta de emprego. Non soamente a través das páxinas de busca deste, senón, e cada vez máis, a través das redes sociais.
A información que se comparte nunha rede profesional entendemos que non decide unha contratación, pero si supón un escaparate importante para empresas e headhunters de cara a unha primeira toma de contacto co perfil do candidato. O feito é que agora a identidade dunha persoa-candidato ten máis partes expostas a un xuízo, aumentando o nivel de información sobre ela cos seus conseguintes proles e contras en materia laboral.
▪ A importancia das redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 no mercado laboral
▪ A importancia de como construír unha boa “IDENTIDADE DIXITAL” para a busca de emprego

Xoves 13 de xuño
IDENTIDADE DIXITAL E COMO TEXER UNHA REDE DE CONTACTOS 2.0

Víctor Gómez Romero. INNOVAACCIÓN. Consultoría e formación en innovación e marketing..

Venres 14 de xuño
Experiencias prácticas de empresas e organizacións de captación e selección de recursos humáns.

Alberto Fernández Varela. Socio Consultor en EGA Consultores. Especialista en desenvolvemento de persoas e búsqueda de talento para organizacións. Conferenciante e formador en posicionamento profesional.

Experiencias prácticas de construción dunha marca dixital. “Desenvolvemento dun plan de acción para a búsqueda de emprego con protagonismo especial en redes sociais”

Carlos Morgade Muñiz, Voluntario Dixital, Profesional da Administración, polivalente e con orientación de cara ao cliente. Adaptación ao Cambio e o Novo Entorno 2.0. EMBAJADOR NO QUIERO SER PLS http://noquieroserpls.blogspot.com.es/


Lugar de impartición: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e Aulas CeMIT

+ En formato presencial no CDTIC ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG :Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela


+ Por videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT:

*AMES: Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián s/n, Bertamirans-Ames.
*BETANZOS: Oficina Municipal de Informacion Xuvenil de Betanzos, Rúa Emilio Romay nº1.
*ORTIGUEIRA: Antigo Centro de Saúde, Rúa Márquez Cortiñas s/n.
*FISTERRA: Telecentro de Fisterra, Chalet de Vilas, Rúa Virxe da Cerca nº7, Fisterra.
*A CORUÑA: Centro Cívico de Eiris (1ª planta), Rúa Fray Pedro Piñeiro s/n.
*CELANOVA: Concello de Celanova, Plaza Maior s/n.
*A CAÑIZA: Casa da Cultura da Cañiza. Rúa do Progreso s/n.
*VIGO: Concello de Vigo. Rúa Oporto, 1.

IMPORTANTE: Todas aquelas persoas que desexen realizar o curso a través dalgunha das aulas CEMIT indicadas, deben especificar en cal delas o farán no apartado de observacións da ficha de inscrición.


Data de realización: 13 e 14 de xuño

Horario: 16:00-20:00 (xoves e venres pola tarde)

PROGRAMA DO CURSO


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds