Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO I REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN 2.0 2013

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO I  REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN 2.0  2013O prazo de inscrición estará aberto dende o 6 de maio ao 5 de xuño ás 14.30 horas.

NOTA IMPORTANTE: Este curso está dividido en 4 módulos, pero está pensado para que se poida facer independientemente cada un deles polo que se queres anotarte a máis de un cubre o correspondente formulario. Recibirás un diploma por cada módulo que realices
Destinatarios/as: Voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción social adheridas ao programa Voluntariado Dixital, e en xeral, calquera persoa e/ou organización interesada nesta materia.

Nº de horas: 8 horas

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: 100

Modalidade: Presencial

Contidos: Expedirase un certificado en función das partes do curso realizadas.

Parte I: REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN 2.0
▪ Da web tradicional á web 2.0
▪ Os medios sociais: blogs, foros, agregadotes de noticias, microblogging, podcast e video on-line, comunidades e widgets.
▪ Principias medios sociais en España: Linked-In, Tuenti, Facebook, Twitter, Flickr, Youtube, Slideshare, Menéame y Technorati.

Xoves 6 de xuño
Ponente: Víctor Gómez Romero. INNOVAACCIÓN. Consultoría e formación en innovación e marketing.

Venres 7 de xuño
Experiencias prácticas de entidades e organizacións que dispoñen dunha estratexia de comunicación dixital.
Ponentes:

Fran Rodeiramar. RODEIRAMAR 2A. Hostal e Apartamentos Turísticos na Praia de Rodeira nas Rías Baixas.

Yago Pazos. ABASTOS 2.0. Espazo gastronómico que ofrece un mesado que funciona como pase, divide unha cociña do século XXI a modo de escaparate dun pequeno espazo concebido para o goce e pracer da gastronomía de mercado. Deseño, tradición e produto mézclanse nun local que se remonta a 1873.

María Fernández. M CAFÉ E COPAS. Cafetería na zona vella de Santiago.

David Serantes. Blog e Podcast de divulgación sobre tecnoloxía móbil na parrilla de blogs da Voz de Galicia.

Lugar de impartición: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e Aulas CeMIT

+ En formato presencial no CDTIC ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG :Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela


+ Por videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT:

*AMES: Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián s/n, Bertamirans-Ames.
*BETANZOS: Oficina Municipal de Informacion Xuvenil de Betanzos, Rúa Emilio Romay nº1.
*ORTIGUEIRA: Antigo Centro de Saúde, Rúa Márquez Cortiñas s/n.
*FISTERRA: Telecentro de Fisterra, Chalet de Vilas, Rúa Virxe da Cerca nº7, Fisterra.
*A CORUÑA: Centro Cívico de Eiris (1ª planta), Rúa Fray Pedro Piñeiro s/n.
*CELANOVA: Concello de Celanova, Plaza Maior s/n.
*A CAÑIZA: Casa da Cultura da Cañiza. Rúa do Progreso s/n.
*VIGO: Concello de Vigo. Rúa Oporto, 1.

IMPORTANTE: Todas aquelas persoas que desexen realizar o curso a través dalgunha das aulas CEMIT indicadas, deben especificar en cal delas o farán no apartado de observacións da ficha de inscrición.


Data de realización: 6 e 7 de xuño

Horario: 16:00-20:00 (xoves e venres pola tarde)

PROGRAMA DO CURSO


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds