Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO NO CENTRO DE EMERXENCIA PARA VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO DE VIGO

[REALIZADO]

PERSOAS DESTINATARIAS: É obrigatorio ter superado o "Curso básico sobre violencia de xénero para o voluntariado 2012" ou o "Curso de voluntariado para apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero 2013".
Para esta edición daráselle prioridade ás persoas de Vigo e arredores, posto que se trata dun programa piloto que ten previsto realizarze en outras localidades.

Data: 19 e 20 de abril de 2013
Localidade: Vigo
Lugar: Delegación Territorial da Xunta de Galicia. Sala A 1ª andar


Nº PRAZAS: Entre 25 e 30 persoas.

PERFIL: Licenciatura, diplomatura, grado, ciclos superiores relativos a pedagoxía, psicopedagoxía, terapia ocupacional, maxisterio, turismo, interpretación e traducción, belas artes, tecnoloxía dos alimentos, medicina, enfermaría, actividade física e deporte, publicidade, patronaxe e moda, informática, xardiñería e cultivos.

DURACIÓN: 8 horas

Venres 19: de 16:00 a 20:00h
Sábado 20: de 9:30 13:30h


CONTIDOS:

1.- Entender ás vítimas da violencia de xénero. Liñas dende a abordaxe psicolóxica.

2.- Funcionamento da Rede galega de acollemento.

3.- Outro tipo de voluntariado contra a violencia de xénero: As Rede de Mediadoras contra os malos tratos de Vigo.

4.- O Centro de Emerxencia de Vigo
- Funcionamento: programas de atencións psicolóxica, social, educacional

5.- Nocións básicas xurídicas ( Orde de protección, policía custodio, dereitos das vítimas, confidencialidade,….…). Medidas de seguridade cara á vítima.

6.-Como colaborar como voluntaria e voluntario co Centro.


**Ao final da formación práctica pasaranse cuestionarios breves para saber afondar no coñecemento das persoas, habilidades, afeccións, suxerencias do que poden aportar….

** Participarán como formadoras as traballadoras do Centro de Emerxencia, así como unha persoa da As Rede de Mediadoras contra os malos tratos de Vigo.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds