Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(04-02-2009)

Vista da sala e dos conferenciantes

Esto non é unha subasta de sufrimento! O Holocausto non lle outorga a Israel ningún dereito sobre nós!

Máis de 300 persoas asistiron en Compostela ao coloquio "As guerras de Israel", no cal Mohamed Safa e Ghaleb Jaber Ibrahim analizaron polo miúdo a creación e expansión do estado hebreo e as tráxicas consecuencias dese feito para o pobo palestino, que sofre desde hai “cento vinte anos” unha brutal ocupación. O Complexo Residencial Xuvenil Lug de Lugo acollerá mañá, xoves 5 de febreiro a partir das 20:00 horas, a segunda das conferencias do ciclo conversascon: 2009 por parte destes dous palestinos residentes en Galiza.

“A perspectiva é moi importante para ver as cousas”. Partindo desta premisa, Galheb Jaber comezou unha detallada exposición sobre a serie de acontecementos históricos que se desenvolveron, dende 1870, data da “1ª Guerra” de Israel contra o pobo palestino, como el a defeniu, ata a “11ª Guerra”, que estamos vivindo todos dende o ano pasado e que recentemente se manifestou en forma da destrucción e invasión da franxa de Gaza. “Israel –dixo- dun xeito colonialista e impererialista, construíu un estado sobre as terras de Palestina con dous obxectivos: construír un fogar para os xudeos, pero a costa de sacrificar un dos pobos máis antigos da terra”. Neste sentido, Jaber puntualizou que “nós non temos un estado, pero si unha nación porque somos un pobo, unha lingua, unha artesanía, pero hai máis de 60 anos alguén fai que non poidamos simplemente vivir e eso ningún nolo polo quitar”.

A Guerra da Propaganda, da Auga, Demográfica ou Xurídica foron outros conflictos provocados por Israel para buscar a confrontación cos palestinos. A xuízo do relator, “a única forma de acabar con Israel e a paz porque Israel é incompatible coa paz”.

Mohamed Safa centrou logo a súa exposición en tres puntos: a última traxedia vivida polo seu pobo, o concepto de resistencia e a simbiose entre guerra e negocio que vén explotando Israel. Sobre este último aspecto, Safa sinalou que o estado hebreo é o único do mundo que en lugar de basear a súa prosperidade económica na paz e na estabilidade o fai nunha situación de violencia permanente porque lle resulta máis rendible. A xuízo de Safa son tres os factores que permiten manter esta situación: un goberno ultraconservador, a procedencia da clase política isrelí do exército e o propio interese dos axentes sociais.

Sobre o último bombardeo na franxa de Gaza, o relator sinalou que a única razón do ataque de Israel non foi porque sexan musulmáns, partidarios de Hamas ou de Al-Fatah, senón simplemente “porque somos palestinos. En todos lados había peligro, incluso nas institucións da ONU. Logo, a verdadeira traxedia empezou logo no momento no que parou o bombardeo: Israel atacou un campo de refuxiados no que o 70% vive en 1,5 kilómetros cadrados”, dixo. Durante a súa intervención Safa tamén reivindicou o dereito á resistencia utilizando todos os medios ao seu alcance “e isto non o imos discutir” e neste sentido argumentou que “o dereito á defensa que ten Israel e ir eliminando un palestino porque coa súa morte desaparece unha reivindicación”.


Obama e o papel dos medios de comunicación

Preguntado logo, no turno de preguntas sobre os cambios que pode traer a presidencia de Obama nos EEUU, Safa asegurou que “a única esperanza que teño reside no noso pobo, na unidade nacional”. Así, argumentou tamén que aos israelís non lles importa a sociedade palestina “porque non acada o dano que eles sufriron. E pódelles asegurar que nós sufrimos máis, pero esto non é unha subasta de sufrimento. Cando imos facerlles entender que o seu sufrimento non outorga ningún dereito sobre nós!”.

Safa reivindicou que se no século pasado todo ser humano cun mínimo de ética e dignidade "tiña que sentirse xudeu" fronte o que acontecía na Alemaña nazi, e que se na década dos 60 e 70 "tiña que sentirse negro" fronte o apartheid surafricano, hoxe tería que "sentirse palestino" ante o sufrimento e humillación á que Israel condea ao pobo palestino.

Respecto do papel do medios de comunicación no conflicto, Ghaleb Jaber Ibrahim valorou que, por un lado “Israel sempre fixo unha guerra de prograganda e agora non ía ser menos”. Polo outro tamén sinalou que na prensa nacional, a liña editorial sempre é completamente diferente ás crónicas dos corresponsais. Así mesmo, tamén cre que “os medios de comunicación falan dos palestinos pero non cos palestinos”.


Galería de imaxes >>



xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds