Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-11-2008)

Jordi Pujol xunto con Anxo Quintana e Rubén Cela

Jordi Pujol asegura que a globalización é un reto para as identidades como a galega

O ex presidente da Generalitat de Cataluña foi o ponente invitado de conversascon: o pasado venres 7.

Ante preto dunhas trescentas persoas, o ex presidente da Generalitat de Cataluña, Jordi Pujol, disertou este venres 7 en Santiago de Compostela no marco do ciclo de conversascon: sobre os retos da globalización e as súas consecuencias a nivel mundial en xeral e, en particular, sobre os cambios que esta produciu en España e en Galiza nos últimos anos. Con constantes alusións á actualidade española e internacional, Pujol falou durante algo máis dunha hora ante preto dunhas trescentas personas salpicando de constantes anécdotas e referencias históricas o seu discurso. O ex presidente da Generalitat de Cataluña estivo acompañado durante a súa intervención no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela polo vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, e polo director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela.

O ex presidente da Generalitat de Cataluña sinalou en primeiro lugar que a globalización é froito dos avances tecnolóxicos, da sofisticación no campo financiero, do desenvolvemento de zonas que antes non se contaba con elas, como os países asiáticos, e da inmigración á vez que estes factores tamén propiciaron o seu desenvolvemento. “A globalización ten cousas boas e malas”, sinalou Pujol que, precisamente achacou a este proceso o alcance da actual crise económica porque, segundo explicou, aínda que "foi positiva nalgunhas cousas", ten o inconveniente de que os problemas "tamén son globalizados" e, polo tanto, esixen un "esforzo coordinado".

Neste sentido afirmou que a crise “haila” e terá efectos “aínda que eu creo que se van dominar”, sinalou facendo referencia á “rápida e eficaz” toma de decisións por parte das institucións gobernantes como os EEUU ou Europa “aínda que a min me gustaría que tivese tomado o liderazgo a Comisión Europea e non Sarkozy”, comentou. Neste sentido, tamén reforzou a súa idea recordando que trala crise do 1929, non se interviu ata tres anos despois, en 1932, co goberno de Roosevelt. Nas súas prediccións, Pujol aludiu así mesmo que “trala crise financieira vén a crise económica” que conleva unha diminución na venda de coches, da producción industrial e das vendas do comercio”.

No caso de España, o relator aseverou que experimentou un gran crecemento e unha gran transformación desde o punto de vista económico nos últimos vinte anos que a convertiron nun “país moderno” coa colaboración de distintos presidentes e “nalgúns momentos coa colaboración decisiva do gobernó catalán”. Entre outros cambios que propiciou este progreso, Pujol aludiu ao nacemento dunha clase media que “antes só había en Cataluña”, así como o posicionamento de España no mundo. “Creo que España tivo unha boa política exterior ata Felipe González”, opinou. O ex presidente da Generalitat tamén fixo referencia á xeneralización autonómica que “foi un beneficio para España” xa que se traspasaron responsabilidades “e esto é un enrequecimento”.

Pujol reivindicou o a boa marcha da economía española "aínda que, desde o seu punto de vista, non se ocultaban defectos serios “dos que algúns xa falamos no seu momento” e que tiveron como consecuencia “a crise inmobiliaria froito dunha grande imprudencia colectiva e que se permitiu mentras a vaca daba leite”. O progreso, dixo, sustentouse tamén en factores que non garantizaban que foramos competitivos nin productivos como “a construcción, o consumo, a inmigración e o turismo”.


Galiza
En canto a Galiza, manifestou, por unha banda, que a globalización é "un reto para as identidades especialmente significativo en casos coma os de Cataluña e Galiza, países pequenos cunha cultura potente". Pola outra, Pujol tamén considera que o proceso económico foi "ben aproveitado". Así, comparou a economía galega actual coa de hai trinta anos e concluíu que a día de hoxe é "moito máis diversificada, con proxección exterior e máis moderna". “Coñezo ben Galiza, vin por primeira vez aquí a finais dos anos 70, e seguín a súa evolución”, asegurou ao tempo que valorou a valía dos empresarios residentes na comunidade e tamén fóra para asegurar que “o cambio foi de calidade” e está sendo reflectido cara ao exterior polas empresas, o comercio e o Camiño de Santiago “que ademais dun valor turístico e un valor económico”.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, encargado de presentar a conferencia de Pujol, cualificou de "unha honra" a presenza do ex presidente a posibilidade de atender ao seu "brillante maxisterio". Sobre a crise, Quintana sinalou que estamos "nun momento especialmente difícil", pero resaltou que é tamén "un momento moi bo para reflexionar como se pode contrapoñer, nun sentido positivo e construtivo, o exercicio do autogoberno para unha mellor defensa dous cidadáns ante unha crise que é unha crise global". O dirixente nacionalista resaltou que ese é o "reto" no que traballan dende o BNG, sinalando que o obxectivo é "intentar utilizar o autogoberno para que, nun momento de crise, os cidadáns galegos estean máis protexidos, e poder así seguir construíndo país".

Pola súa banda, o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, recordou que a través do ciclo conversascon:, que iniciou xa a súa andadura no ano 2007, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende achegar á sociedade galega a diferentes temáticas da realidade social e cultural mundial que resultan fundamentais para entender o mundo que nos rodea. En palabras de Rubén Cela, supón unha fiestra para ollar o mundo desde Galiza e viceversa.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds