Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-07-2007)

Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria

A nova Lei de Acción Voluntaria de Galicia a debate.

Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria xa dispoñible.

Para elaboración da nova Lei de Acción Voluntaria de Galicia seguiuse unha metodoloxía participativa toda vez que é o froito dun proceso de debate e participación pública, iniciada cun documento previo de bases para a reforma que foi obxecto de exame e discusión en diferente foros de expertos así como no Congreso Galego de Voluntariado organizado a tal fin.

As conclusións arroxadas como consecuencia deste Congreso Galego de Voluntariado serviron para enriquecer o contido do Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria.


Podes deixar as túas achegas e suxestións ao Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria a través do formulario de suxestións habilitado na nosa web.

O prazo de recepción estará aberto ata o 11 de xullo.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds