Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(25-06-2007)

Debuxo dunha aula

AULA DE APOIO NO VERÁN NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

O vindeiro 3 de xullo comeza a funcionar a nova aula de apoio no verán

Informámoslles que o vindeiro martes día 3 de Xullo, dará comezo a Aula de Apoio para os nenos do Concello de Montederramo, na Aula de Ordenadores do Colexio (Telecentros).

Este recurso, organizado dende o Concello, desenvolverase durante os meses de Xullo e Agosto, dous días á semana en horario de mañá:
-MARTES E XOVES DE 12 A 14 H

A Aula de Apoio pódese definir coma unha estratexia educativa que permita a atención das necesidades educativas especiais dos alumnos con problemas de aprendizaxe dentro do sistema educativo ordinario. O seu obxectivo é favorecer e alcanza-la integración total dos nenos a través da prestación dos servicios de apoio necesarios.

Esta iniciativa quere responder á importancia que ten dotar de recursos ós nenos e ás nenas que máis o necesiten, axudándolles a desenvolver as súas capacidades de estudio.

O equipo humano encargado de desenvolver o Programa será:
A Educadora Social
A Psicóloga do Punto de Información á Muller.
A 1ª sesión dará comezo o día 3 de Xullo (martes) ás 12 da mañá no Colexio de de Montederramo.

[CONCELLO DE MONTEDERRAMO]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds