Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(22-06-2007)

Secuencia do xogo Refugge

Sensibilizar xogando: REFUGEE e ¿QUEN VIVE AQUÍ?

Intermon-Oxfam elaborou un videoxogo sobre os refuxiados e as crises esquecidas do mundo e Ekilikua ideou "O grande xogo da diversidade"

"REFUGEE"
Un videoxogo de Intermón Oxfam sobre as crises esquecidas do mundo

Atravesar campos de minas para chegar a un campamento de refuxiados ameazado pola guerrilla e buscar comida e auga nun país estraño para evitar que morran os seus fillos son algunhas das probas que teñen que pasar millóns de mulleres en todo o mundo. Son as mesmas que ten que superar Aissa, a heroína dun novo videoxogo solidario para móbiles con causa, de Intermón Oxfam.

O videoxogo ten como obxectivo sensibilizar sobre a falta de seguridade e de axuda que padecen millóns de persoas atrapadas en crises esquecidas. Nel, Aissa foxe da seca no seu país, e ten que enfrontarse á violencia e á escaseza de auga e alimento. Son probas de habilidade, como no resto dos xogos, pero inspiradas na vida real de máis de oito millóns de refuxiados e case 25 millóns de desprazados en todo o mundo, dos que o 80% son mulleres e nenos. O xogo remata dando a oportunidade de pedir o goberno español que dedique máis atención a estas crises.

Este videoxogo pódese descargar enviando a palabra "io" ao 5757 por 2,40 €. Os fondos recadados coas descargas irán destinados aos programas de axuda humanitaria de Intermón Oxfam nos campos de refuxiados de Djabal e Goz Amer en Chad.

"Refugee" foi desenvolvido para Intermón Oxfam por "Freelance for Free" e a empresa salmantina de software "Unkasoft". O xogo -que conta con gráficos "formato cómic" en dúas dimensións- ten unha duración aproximada dunha hora e é compatible con máis de 250 modelos de móbiles. Na súa versión para teléfono móbil foi producido coa tecnoloxía "Unkasoft Platform J2ME", e na súa versión web foi producido en "Flash".

¿QUEN VIVE AQUÍ?
"O grande xogo da diversidade"

Trátase dun novidoso e orixinal maletín cheo de xogos que fusiona o lúdico co educativo. Con el preténdese conseguir un dobre obxectivo: divertir e abrir as portas da tolerancia aos que o utilicen. Contén un bo material de sensibilización e de apoio para o traballo na aula, para traballar temas como os novos modelos de familia, a interculturalidad, minusvalidez, roles, integración, etc...

Máis información en Ekilikua

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds