Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-06-2008)

Un momento do cine-forum Doar órganos = salvar vidas

conversascon: incidiu na necesidade de convertir a doazón de órganos nun acto habitual e dignificado socialmente

O cine-forum "Doar órganos = salvar vidas" pechou o mércores 4 de xuño en Santiago de Compostela o programa para o primeiro semestre de 2008 do ciclo conversascon:. Durante o evento proxectouse o filme "El regalo de Silvia" e a continuación, tivo lugar un coloquio entre o público, representantes de Alcer-Coruña (Asociación para a Loita contras as Enfermidades de Ril), profesionais médicos e a actriz María Bouzas, actriz de reparto do filme.

En Galiza hai 27.700 persoas afectadas pola IRC (Insuficiencia Renal Crónica), unha doenza progresiva e irreversible e para a que ata o momento non se dispón de cura, só dun tratamento, a diálise. A única alternativa médica é o transplante. Da importancia de facer da doazón, un acto altruísta, un xesto habitual e dignificado na sociedade tratou, precisamente, o coloquio de conversascon: celebrado en Santiago de Compostela e ao que asistiron preto dun centenar de persoas.


Coloquio
"El regalo de Silvia" narra a historia de tres persoas anónimas que reciben os órganos de Silvia, unha moza que antes de suicidarse deixa gravado dun video-diario o seu desexo de doar os seus órganos vitais. A película serviu para enmarcar o coloquio-debate posterior no que participaron Tereixa Novo, delegada provincial da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar; a actriz María Bouzas, unha das intérpretes do filme; Rafael Rodríguez, presidente en funcións de Alcer Coruña e afectado de transplante; e Jacinto Sánchez Ibáñez, director da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia emembro da Oficina de Coordinación de Transplantes do Hospital Juan Canalejo.

Na organización do cine-forum "Doar órganos = salvar vidas" a asociación Alcer-Coruña colaborou coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds