Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(11-01-2020)

A Xunta de Galicia investirá 12,9 M€ en programas sociais desenvolvidos por entidades sen ánimo de lucro

A Consellería de Política Social destinará axudas con cargo á asignación do 0,7% do IRPF a 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda a Comunidade.

A Consellería de Política Social inviste 12,9 millóns de euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda Galicia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución destas axudas con cargo ao IRPF que distribúe a Consellería de Política Social.

A través destes fondos procedentes do 0,7% do IRPF, o Goberno galego axuda ao desenvolvemento de diferentes programas centrados, entre outros eidos: na promoción da autonomía persoal, na atención ás persoas con discapacidade, na inclusión sociolaboral de persoas inmigrantes e solicitantes de asilo, a terapia familia, o acompañamento a maiores que viven sos, na axuda as persoas sen fogar ou accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade da xuventude e ao voluntariado.

Entre o centenar de entidades que levan a cabo os diferentes programas, atópanse asociacións de ámbito local e tamén distintas organizacións de ámbito autonómico como, por exemplo, Cogami, Fademga Plena Inclusión Galicia, Asociación Parálise Cerebral - Aspace, a Fundación ONCE, Fundación Anar, Federación de asociacións de persoas con enfermidades mentais (Feafes), Cruz Roja, Acción contra el Hambre, a Federación Galega de Alzhéimer (Fagal) ou a Fundación Secretariado Gitano.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds