Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-12-2019)

A Xunta lembra que Galicia é a comunidade máis solidaria durante o Congreso Estatal de Voluntariado

A nosa Comunidade conta con máis de 8000 persoas voluntarias participando activamente en programas postos en marcha pola Xunta de Galicia.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao Congreso Estatal do Voluntariado que ten lugar hoxe e mañá en Valencia. Alí lembrou que Galicia é a comunidade máis solidaria con máis de 8000 persoas voluntarias participando activamente en programas postos en marcha pola Xunta de Galicia. Ademais, foi pioneira en acreditar a súa acción cun certificado homologado e con validez en toda Europa.

Así mesmo, sinalou o impacto que a acción voluntaria ten na construción dunha sociedade máis participativa, inclusiva e solidaria. Por este motivo, a directora xeral garantiu que a Xunta de Galicia seguirá apostando polo impulso destas actividades beneficiosas para o conxunto das galegas e galegos.

Durante o encontro diferentes persoas do ámbito do voluntariado compartiron as súas experiencias e retos de cara ao futuro. Así mesmo, desenvolvéronse catro obradoiros paralelos sobre o voluntariado e o seu compromiso transformado no mundo; os retos do voluntariado como terceiro sector; outros axentes implicados: administracións, universidades e empresas; e investigación e descrición das boas prácticas do voluntariado.

O Goberno galego vén de rematar a conmemoración da Semana do Voluntariado con motivo da celebración, o pasado 5 de decembro, do Día Internacional do Voluntariado. Nela celebráronse eventos cada día da semana para a promoción da acción voluntaria nos diferentes ámbitos: cultural, educativo, ambiental ou social.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds