Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-12-2019)

A Xunta apoia á entidade Aliad Ultreia de Lugo a través dun programa de Voluntariado Sénior

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu esta mañá o programa de voluntariado sénior Tecendo lazos de inclusión impulsado pola entidade Aliad Ultreia de Lugo. Alí destacou a importancia da colaboración entre institucións desde os diferentes ámbitos para acadar unha plena inclusión de diferentes colectivos e puxo en valor o traballo das persoas voluntarias para alcanzar este obxectivo.

Durante o encontro, as persoas implicadas nos diferentes programas de voluntariado sénior impulsados por Aliad Ultreia explicaron as súas experiencias no desenvolvemento das actividades. Tamén se deron a coñecer as novas estratexias de voluntariado e proxectouse un vídeo sobre a iniciativa. Cómpre lembrar que a Consellería de Política Social puxo en marcha o programa Voluntariado Sénior por primeira vez este 2019, e a través do cal se financiaron 37 proxectos de entidades de acción voluntaria e concellos, entre eles o de Aliad Ultreia.

A directora xeral sinalou que desde o Goberno galego continuarase a promover o voluntariado como método de inclusión e na construción dunha sociedade máis xusta. Neste sentido, resaltou que hoxe mesmo comeza a Semana do Voluntariado, que se enmarca da celebración o vindeiro xoves 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado. Así nos próximos días desenvolveranse diferentes actividades de promoción da acción voluntaria por toda Galicia.
Autobús ‘Engánchate ao voluntariado’

A directora xeral visitou tamén o autobús Engánchate ao voluntariado que esta mañá facía unha parada na cidade amurallada. Con motivo da Semana do Voluntariado, este vehículo está percorrendo desde o pasado martes as principais cidades e vilas galegas divulgando os programas de acción voluntaria impulsados pola Xunta de Galicia. Ata a data visitou Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Marín, Ribeira, Noia, Melide e agora Lugo. A ruta rematará este venres en Vigo.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds