Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(03-11-2019)

Política Social oferta dous cursos de lingua de signos para persoas voluntarias

A Consellería de Política Social ofrece dous cursos de lingua de signos para persoas voluntarias e, desta maneira, promover a inclusión das persoas xordo-cegas e xordas. Estas formacións contarán cunha modalidade en liña e outra presencial, que terá lugar no centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela.

Ambos os cursos están compostos por 30 horas divididas en tres unidades diferentes. A modalidade en liña, que comeza este luns, xa ten as súas 30 prazas cubertas. Con respecto ao curso presencial, con 15 prazas, ten aberta a súa inscrición para participar nas clases que se realizarán os días: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de novembro e 2 e 3 de decembro entre as 17 e 20 horas.

Entre os contidos que se impartirán nestes cursos destacan a adquisición de léxico relativo a datos persoais e situacións concretas, así como a aprendizaxe de vocabulario en frases sinxelas e breves sobre instrucións de orientación e localización no espazo, entre outros.

O desenvolvemento desta iniciativa persegue a sensibilización da sociedade para eliminar o illamento social e comunicativo das persoas xordo-cegas e xordas en situación de exclusión social, así como potenciar o valor da figura da persoa voluntaria. O obxectivo da Xunta de Galicia é establecer unha canle de participación entre institucións para beneficio das persoas máis vulnerables e da sociedade galega no seu conxunto.

Esta iniciativa forma parte dun dos obxectivos do protocolo asinado entre a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, para promover o voluntariado na atención ás persoas xordo-cegas.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds