Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(30-10-2019)

XIII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

A Facultade de Psicoloxía de Santiago acollerá unha nova edición do "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental", organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.

Declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

Trátase dun Seminario, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, que centrará a atención novamente nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio que presentan alteracións da saúde mental asociadas.

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro (cota bonificada). O prazo para a cota sen bonificar será do 19 ao 22 de novembro.

Podedes descarga a inscrición e programa da xornada na páxina web de FADEMGA Plena inclusión Galicia.


PROGRAMA

Mañá:

09:30 ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

10:00 INAUGURACIÓN

10:30 RELATORIO
Aportacións da neuropsicoloxía e a neuroloxía ás alteracións da saúde mental en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
D. Javier García Alba. Mestre de Psicoloxía na Facultada de educación da Universidade Complutense de Madrid.
D. Francisco Javier López González. Neurólogo no Hospital Clínico Universitario de Santiago.
12:00 CAFÉ

12:30 MESA REDONDA
Pasar de respostas de reacción a prevención e o perfil sensorial como unha ferramenta.
D. Agustín Hiera Martínez. Asesor de Calidade en GAUTENA (Asociación de padres y familiares de Personas con Autismo de Guipúzcoa).
• Paula Parga Amado. Terapeuta ocupacional na Asociación Nasa Sra. de Chamorro de Narón.
14:00 PAUSA PARA A COMIDA

Tarde:
16:30 OBRADOIROS SIMULTÁNEOS
•Intervención neuropsicolóxica.
•Javier García Alba.
•Ferramentas para a prevención.
D. Agustín Hiera Martínez.
•Elaboración do perfil sensorial.
•Paula Parga Amado.

18:30 CLAUSURA

Ó finalizar o acto de clausura farase entrega dos certificados de asistencia

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds