Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(23-10-2019)

Política Social acompaña a usuarios e voluntarios da Asociación de Alzhéimer de Ourense na última etapa do Camiño

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou esta mañá a un grupo de 25 persoas da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor) na súa terceira e última etapa do Camiño de Santiago pola Vía da Prata.

Entre os participantes nesta iniciativa están oito voluntarios maiores de 55 anos, que lles prestaron apoio aos peregrinos en cada unha das etapas.

Esta andaina enmárcase nun programa que conta co apoio da Consellería de Política Social a través da orde de axudas de voluntariado sénior. O obxectivo desta acción é incorporar novos voluntarios aos obradoiros de estimulación que Afaor desenvolve desde principios de ano en favor das persoas maiores que padecen deterioro cognitivo.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds