(16-10-2019)
Dende a Federación Scouts de Galicia ECG ⚜️ convidámoste ao curso de formación "O FENÓMENO DO DISCURSO DO ODIO" 👎🤬 o 26 de outubro de 2019 no centro scout Abeiro de Santiago
O curso está pensado en primeira instancia, para as persoas voluntarias da Federación Scouts de Galicia ECG, as familias dos grupos, e tamén está aberto a outras persoas voluntarias doutras entidades.
O obxectivo é entender que é o fenómeno do discurso do odio para previr o seu uso e a súa influenza na infancia e mocidade dos nosos grupos scout.
HORARIO: 10.00 - 14.00 e 16.00 - 20.00 (8 HORAS)
IMPARTIDO POR: formadoras de Ecos do Sur
PREZO: GRATUÍTO
Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 15
CONTIDOS:
BLOQUE 1: CÓMO IDENTIFICAR E COMBATIR O DISCURSO DE ODIO
· Que é ou discurso de odio e como identificalo
· Responsables e efectos. Choques coa liberdade de expresión
· As RRSS e ou seu papel na era dá desinformación
· Como actuar ante o odio on e offline: acción individual e colectiva
BLOQUE 2: NARRATIVAS PARA O CAMBIO SOCIAL
· Narrativas discriminatorias: que son e que efectos teñen
· Como construír narrativas baseadas nos Dereitos Humanos
· Mecanismos específicos en positivo para as redes sociais
BLOQUE 3: COMUNICACIÓN ANTI RUMORES
· Creatividade aplicada á acción social
· Accións de comunicación participativa para difundir narrativas alternativas
As persoas interesadas poderán inscribirse📝 no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc8xPT92FdM5GyPtLGGr7YOt5xGtxLIrB8c5qNdONZ9EYmUJQ/viewform
O prazo de inscrición remata o luns 21 de outubro.
Para calquera dúbida podedes contactar coa secretaría técnica de luns a venres en horario de 8.30 a 16.30 💻 stecnica@scoutsgalicia.org ou nos ☎️ 981 526 777 / 📱678 797 685.
[FEDERACION SCOUTS DE GALICIA]