Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(24-09-2019)

Plan Proxecta (Curso 2019/20)

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar ofrécense 44 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta .

Prazo de solicitude: do 25 de setembro ao 16 de outubro de 2019 (o programa Cidadanía dixital do CGAI pecha o prazo o 30 de setembro e os programas Cinema en curso e Fotografía en curso, tamén do CGAI, pechan o prazo o 1 de outubro).

Solicitude: a través da aplicación de Plan Proxecta .

Resolución do Plan Proxecta 2019/20.

Máis información
Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta pode dirixirse a: planproxecta@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881 996 395 / 881 997 498.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds