Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(16-09-2019)

1º Obradoiro de Almorzos Saudables

Chega o outono, comezamos un novo curso, e con el os novos propósitos de vida saudable, ir o ximnasio, baixar eses quiliños do verán…

Pero moitas veces os nosos propósitos non chegan a bó término por faltarnos algo mais de información para poder comer de xeito mais saudable.

Con este obradoiro, imos aprender como pasar do almorzo de café con leite con torradas ou biscoitos, a un almorzo super saudable, que faremos de xeito sinxelo, rápido e económico.

No obradoiro aprenderemos a facer varias receitas de almorzos doces e salgados que nos deixarán moi bó sabor de boca e saciados ata a hora da comida.

Anímate a sair da rutina e dalle unha alegría o teu sistema dixestivo.

[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds