Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(26-08-2019)

III Andaina Solidaria da Federación Alzhéimer Galicia

Precisamos voluntarios para Andaina Solidaria

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Federación Alzhéimer Galicia organiza a III Andaina Solidaria, que terá lugar o sábado 14 de setembro en Santiago de Compostela. Ó igual que a realizada en pasados anos, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 10h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 09:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

Precisamos persoas voluntarias que nos axuden na coordinación da Andaina. As tarefas a realizar serán o reparto de augas e distintivos ós asistentes, así como a manter ó grupo unido durante o transcurso da Andaina.

Podes inscribirte chamando ó 981595121 ou enviando un correo electrónico a comunicacion@fagal.org
[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER, FAGAL]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds