Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(03-08-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Dende a ETL XARUMA, o vindeiro sábado 3-08-2019, convidámosvos a acompañarnos na primeira xornada do Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Sairemos de Vigo ás 11 da mañá en autobus cara a Baiona, para facer a etapa Baiona- Nigrán.

Faremos paradas para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos no camiño e pararemos a comer en ruta nun lugar ben fermoso.

A volta será ás 19h tamén en autobús.

Para anotarvos chamade ó tlfno: 698175266, Tedes toda a información en :
http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/

Teremos acreditacións para selar no camiño e sorpresas para todos os participantes.

Lembrade levar comida e bebida, e roupa e calzado cómodos. O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.
https://culturaeturismo.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/portada


[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds