Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-06-2019)

Cartaz obradoiro de xurros ecolóxicos

Obradoiro de xurros ecolóxicos para coidar a túa horta

Na procura dunha terra máis ecolóxica e natural

Trátase dun curso en forma de obradoiro onde aprenderemos a elaborar xurros ecolóxicos para coidar a nosa horta sen necesidade de utilizar químicos agresivos e poucos naturais, tanto para nós como para o medioambiente.

Cando fumigamos unha planta con produtos químicos non ecolóxicos e logo a comemos, estamos consumindo substancias tóxicas como aluminio ou o bario, entre outras, que poden causar en nós múltiples enfermidades.

Se queres coñecer como tratar diferentes plagas ou como facer fertilizantes ou enraizantes de forma ecolóxica… Apúntate á nosa formación e comeza a cambiar os teus hábitos de coidado.

Poderemos practicar a aplicación na nosa horta. Entregaremos de forma dixital todas as receitas usadas e algunha máis que vos poida interesar.

Data: 20 de xullo

Horario: 10 a 13 h.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Dispoñemos de aparcamento e parada de Vitrasa na entrada.

Aportación: 15€ persoas socias, 18€ persoas non socias. Asóciate!

Inscríbete enchendo o formulario que atoparás na nosa páxina web.
[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds