Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-06-2019)

Cristina Pichel destaca a vontade solidaria de Galicia no encontro voluntario de Cruz Vermella

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a vontade solidaria de Galicia no XXII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella que tivo lugar no auditorio multiusos da Xunqueira, en Redondela.

Cristina Pichel, durante a súa intervención, recordou que Galicia é a comunidade máis solidaria de España con máis de 8000 voluntarios activos e pioneira en acreditar a acción destas persoas cun certificado homologado e con validez en toda Europa.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds