Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-06-2019)

Cristina Pichel salienta o papel dos voluntarios que participan no proxecto Lewo para conservar o patrimonio natural galego

Arredor un centenar de mozas e mozos realizan accións de protección, sensibilización e mantemento no parque nacional das Illas Atlánticas, en varios parques naturais e en reservas da biosfera.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, salientou o papel dos voluntarios e voluntarias que participan no proxecto Lewo (Life Evergreen with Volunteers) para conservar o patrimonio natural galego. Fíxoo durante a súa visita ás actividades que se están a realizar esta fin de semana na Illa de Ons.

A Xunta impulsa as intervencións neste espazo natural ao abeiro desta iniciativa que se está desenvolvendo entre marzo e xuño en dez hábitats protexidos da nosa comunidade: as fragas do Eume e as do Mandeo; os parques naturais de Baixa Limia-Serra do Xurés, o dos Ancares e o da Serra da Enciña da Lastra; as dunas de Corrubedo; e o parque nacional das Illas Atlánticas, formado polas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. Arredor de 100 persoas entre os 18 e 30 anos de idade forman parte dos grupos de voluntariado que están a intervir nestas contornas.

Este programa cumpre varios obxectivos. Por un lado, axuda a potenciar o patrimonio natural galego e fomenta o respecto pola nosa paisaxe e medio ambiente; e, por outro, favorece a implicación da xuventude no coidado da natureza e impulsa un voluntariado inclusivo e con vocación formativa.

En concreto nesta fin de semana, os participantes deste voluntariado na Illa de Ons están a realizar accións voluntarias tales como retirar especies invasoras como a Arctotheca Calendula. A maiores do grupo de voluntarios que estarán na illa, mañá tamén van a estar varios dos voluntarios que participaron no proxecto este ano, como unha xornada de confraternización entre todos, onde poderán desfrutar da illa a través dunha visita guiada por parte de Medio Ambiente.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds