Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(14-05-2019)

V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA EM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “V Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 9 de xuño de 2019, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico de Galitiming.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo de Galitiming.

CATEGORIAS

Masculina e Feminina:
• Pitufos: (2014-actualidade)
• Escolares A: (2010-2013)
• Escolares B: (2007-2009)
• Escolares C: (2006 ata os 16 anos)
• Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2: dende os 45 anos
• ANDAINA: todas as idades.

DISTANCIAS E HORARIOS

• Pitufos: 50 metros. Saída: 12:40
• Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
• Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
• Escolares C:2, 5 km. Saída: 11:15
• Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 4.5 km. Saída: 11:45
• ANDAINA: 2 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.

INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 6 euros.
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que poderá realizarse nas formas seguintes:
• Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

• A través da web http://polaesclerose.galitiming.com
O prazo de inscrición comeza o 17 de abril e rematará:
- o mércores 5 de xuño ás 14h para as inscricións presenciais en A.C.E.M.
- o xoves 6 de xuño ás 16h para as inscricións online
(polaesclerose.galitiming.com)

[ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds