Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(31-03-2019)

A Xunta e a REAJ impulsan a mobilidade da xuventude galega coa sexta edición do Programa de intercambios internacionais

O obxectivo da iniciativa é potenciar o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade, facilitándolles formación en distintas actividades profesionais.

Esta nova convocatoria ofrece prazas de dúas semanas a un mes de duración en albergues da República Checa, Escocia, Eslovenia, Portugal, Países Baixos, Italia, Croacia e Inglaterra.

A Xunta de Galicia e a Red española de albergues juveniles (REAJ) desenvolven por sexto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en albergues internacionais. Un programa que proporciona a mozas e mozos unha oportunidade única de vivir e colaborar en albergues doutros países onde poderán gozar dunha experiencia internacional mellorando as súas habilidades e capacidades.

O obxectivo do programa é potenciar o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade, facilitándolles formación en distintas actividades profesionais. Así mesmo, permitiralles adquirir un coñecemento intercultural durante a súa estadía no país de acollida, impulsando o aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

Esta nova convocatoria ábrese hoxe e ofertará prazas en albergues da República Checa, Escocia, Eslovenia, Portugal, Países Baixos, Italia, Croacia e Inglaterra.

A convocatoria está aberta a rapaces e rapazas de 18 a 30 anos de idade que teñan o carné de alberguista e que acrediten o nivel B1 en lingua inglesa. Os participantes só asumirán o coste do desprazamento, xa que o aloxamento e a manutención son gratuítos. A duración dos intercambios é de entre dúas semanas e tres meses. Os participantes deberán realizar tarefas asignadas polo albergue de destino, cunha xornada que non superará as 40 horas semanais, con dous días libres por semana.

Os interesados deberán apuntarse na páxina web da REAJ. Tras completar o formulario, os e as candidatas teñen que enviar por email a voluntariado@xunta.gal o carné de alberguista escaneado, o certificado de nivel B1 en inglés ou o de selectividade, así como unha carta de motivación en inglés explicando por que queren participar no programa.

Cómpre destacar que desde a posta en marcha da iniciativa, xa participaron 125 mozos españois, 48 deles galegos.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds