Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(20-03-2019)

Cristina Pichel entrega os diplomas de experiencia voluntaria a oito mozas e mozos de Amicos que realizaron actividades de inserción laboral

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá a sede da Asociación Amicos para entregar os diplomas acreditativos ás oito persoas participantes no programa de voluntariado xuvenil que se puxo en marcha o ano pasado nesta entidade. Este proxecto serviu de axuda a mulleres con discapacidade intelectual e as súas familias, xa que contribúe á súa integración social grazas ao apoio laboral e o fomento de actividades deportivas, culturais e medioambientais, entre outras.

A Xunta de Galicia destinou máis de 5500 euros a Amicos con fin de desenvolver este proxecto de voluntariado xuvenil, así como outro plan que tiña como fin consolidar un grupo estable de voluntarios con formación adaptada e precisa para colaborar nos distintos programas que se poñen en marcha desde a asociación.

Logo da visita ás instalacións de Amicos, Cristina Pichel tamén comprobou o estado do Campamento Xuvenil Espiñeira, emprazado en Boiro, e o de Virxe de Loreto, en Porto do Son.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds