Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(15-03-2019)

Fabiola García destaca o papel do Observatorio de Acción Voluntaria para reforzar a traxectoria e o potencial do voluntariado galego

Salientou os avances nesta materia que fan de Galicia a comunidade máis solidaria de España.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o papel do Observatorio Galego de Acción Voluntaria para reforzar a traxectoria e o potencial do voluntariado galego. Fíxoo durante a reunión do Consello de Acción Voluntaria que puxo en marcha o novo órgano.

Fabiola García salientou os avances en materia de voluntariado que fan de Galicia a comunidade máis solidaria de España. Un feito conseguido grazas ao traballo desinteresado das máis de 8.000 persoas que son voluntarias e as máis de 900 organizacións que traballan neste eido.

Desta maneira, recordou que o traballo da Xunta de Galicia pasa por activar medidas concretas que articulen o impagable traballo de todos aqueles que desinteresadamente prestan un servizo pola sociedade.

A conselleira subliñou que o Observatorio será un instrumento fundamental para lograr unha maior eficiencia de programas que xa se están a desenvolver. Ademais diso, destacou a súa función como canle para que as entidades poidan participar na planificación, xestión e seguimento das políticas referidas ao voluntariado. Recordou que entre as súas tarefas está elaborar unha guía de boas prácticas, redactar informes sobre o impacto do voluntariado na economía galega, levar a cabo un seguimento do número de persoas voluntarias e afondar no Plan de formación de voluntariado.

Así mesmo, gabou a ampla visión e a participación plural coa que contará para elaborar este arduo traballo. Deste xeito, estarán representados no mesmo a Administración autonómica, as tres Universidades galegas, o Instituto Galego de Estatística e de entidades de acción voluntaria.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds