Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(12-03-2019)

X Xornadas sobre persoas sen fogar. Tecendo redes dende as rúas

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, xunto co Centro Integrado de Atención Social Padre Rubinos organizan estas xornadas anuais, tendo este ano o seu centro no traballo en rede.

Data de celebración: 4 de abril

Horario: xoves de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h

Lugar de celebración: Salón de actos do Centro Integrado de Atención Social Padre Rubinos

As prazas son limitadas, polo que na presincrición se terá en conta a seguinte orde:

- Voluntariado da OCV e do CIAS Padre Rubinos

- Estudantes e comunidade universitaria da UDC

- Voluntariado doutras entidades

- Resto de persoas interesadas.

Matrícula Gratuíta

O luns día 1 de abril, as persoas que obtivesen praza recibirán unha notificación por correo electrónico para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.
[UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds