Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-03-2019)

A Xunta de Galicia abre a inscrición para participar no ‘Proxecto Lewo’ que potencia o patrimonio natural da comunidade

A iniciativa posibilitará que mozas e mozos galegos realicen actividades de preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

As accións desenvolveranse dentro de varios hábitats naturais protexidos.

A Xunta de Galicia abre a inscrición para participar, outro ano máis, no proxecto Life Evergreen with Volunteers (Lewo), aprobado ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea. Esta iniciativa, posta en marcha a través das direccións xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e a de Patrimonio Natural, busca potenciar o patrimonio natural da comunidade ao promover tarefas de voluntariado ambiental en diferentes zonas da comunidade.

O obxectivo de Lewo é fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia a través da creación dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas galegos entre os 18 e os 30 anos de idade. Nesta ocasión, os participantes realizarán diferentes actividades de protección, sensibilización e mantemento no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en varios parques naturais da comunidade e Reservas da Biosfera.

En concreto, os participantes neste proxecto levarán a cabo actividade de limpeza, sinalización, catalogación de flora e fauna, loita contra especies exóticas prexudiciais para os hábitats, así como obradoiros didácticos e de sensibilización ou actividades de ocio educativo.

Ámbitos de intervención

Este ano, os espazos naturais que serán obxecto deste proxecto son o Parque natural das Fragas do Eume, Reserva da Biosfera Fragas do Mandeo, Parque natural do complexo dunar de Corrubedo, Illa de Sálvora, Parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, Parque natural dos Ancares, Illa de Cortegada, Illa de Ons, Illas Cíes e Parque natural Serra da Enciña da Lastra.

Toda a información das datas e características das actividades poden consultarse na páxina web de Voluntariado galego.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds