Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(19-11-2018)

touron  voluntariado forestal

Tralas cinzas: Activismo forestal! O monte un ano despois


Tras os incendios de outubro do ano pasado as cinzas cubriron os nosos montes pero tamén prenderon as lapas do activismo forestal!! O 26 de novembro de 2017 empezaba a materializarse no monte de O Tourón actuacións para non só salvar o solo do monte se non para demostrar que se poden facer as cousas dun xeito diferente, rachar ca política forestal do monocultivo e da inacción. Así que queremos dar as grazas a toda a esa xente que leva un ano colaborando (que foi as manifestacións, aos concertos solidarios, as actividades de restauración e repoboación en O Tourón, que fixeron doazóns ou mesmo compartiron nas redes sociais as nosas accións). Vinde a ver o que se fixo!!! axudádenos a eliminar eucaliptos e mimosas do monte!!! plantemos outras árbores e conciencias!!! pero sobre todo celebremos, demos as gracias con comida e música á toda a xente que dalgún modo queredes outro mundo rural, outras políticas forestais!!!

10:30 Aparcadoiro de O Tourón
* Ruta polas distintas zonas de actuación (restauración de solos, repoboación especies autóctonas, recuperación árbores danadas)
* Erradicación de eucaliptos e mimosas
* Xantar popular
* Foliada

Necesaria inscrición!!! https://goo.gl/forms/oJoFdDsrtCS4QM852

Se participaches algunha vez, vente ver os resultados. Se nunca o fixeches aínda estás a tempo de unirte!!!

Difunde!!!! A través do Facebook, Instagram, Twitter

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds