Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-11-2018)

CURSO: CREACIÓN E DINAMIZACIÓN DE CLUBES DE LECTURA FÁCIL

Obxectivos:

UNIDADE DIDÁCTICA 1. Coñecer o formato Lectura Fácil, os seus beneficios, colectivos cos que traballa, materiais, experiencias de éxito.

UNIDADE DIDÁCTICA 2.Dotar os participantes de pautas, ferramentas e materiais para dinamizar con éxito Clubs de Lectura Fácil especialmente enfocados a persoas con discapacidade intelectual.

UNIDADE DIDÁCTICA 3. Ofrecer unha formación práctica que permita a tódolos asistentes crear e dinamizar sesión de Clubs de Lectura Fácil.


PERFIL DOCENTE:

DNA. MARÍA PERALTA. Diplomada en Educación Social pola Universidade do País Vasco. Membro da Asociación Lectura Fácil Madrid dedicada á formación de voluntarios e profesionais que traballan coa poboación con dificultade lectora, dinamización de Clubs de Lectura Fácil e adaptación de materiais a Lectura Fácil.


NÚMERO DE HORAS CURSO: 6 horas

DATA DE REALIZACIÓN: Sábado 1 de decembro de 2018

HORARIO:11:00 a 14:30 horas e 16:00 a 18:30 horas


LUGAR DE REALIZACIÓN:

FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Vía Pasteur, nº 53-A, Pol. Ind. do Tambre.
15890 Santiago de Compostela.

DESTINATARIOS: Voluntarios/as e Persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, voluntarios/as > 16 anos e profesionais de entidades sociais .

Unha vez superado o curso, emitirase un certificado acreditativo ós alumnos, sempre que asistan ó 75% da acción formativa.

NÚMERO DE PRAZAS: 15-20 prazas

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 23 de novembro de 2018

SOLICITUDES:

Para inscribirse: Enviar vía e‐mail a formacion@fademga.org ou vía fax ó 981519651 á atención do Servizo de Formación a seguinte documentación:

•Ficha de inscrición e LOPD cumplimentada.
•Carné/compromiso/convenio que acredite ser voluntario dalgunha entidade social.

Á hora de seleccionar os/as participantes do curso, primarase:

1.Voluntarios/as e Persoal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
2.Voluntarios/as en entidades federadas de FADEMGA Plena inclusión Galicia
3.Orde de chegada da solicitude á Federación.


[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds