Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(08-11-2018)

Cartel Conferencia

Conferencia ´MENORES SEN REFUXIO´ de José Palazón

Día: 8 de novembro
Hora: 11:30
Lugar: Facultade de Socioloxía do Campus de Elviña

Este xoves día 8 de novembro ás 11:30 na Facultade de Socioloxía do Campus de Elviña impartirá unha conferencia "Menores en refuxio", José Palazón.

José Palazón, presidente da asociación PRODEIN, leva máis de 20 anos pelexando polos dereitos dos menores non acompañados que chegan a Europa desde Melilla.

Desde a fronteira con Marrocos, traballa cada día por facilitar o acceso de menores indocumentados a unha residencia segura, á escola e a unha vida esperanzadora.

O seu testemuño é clave para entender a situación real da emigración no noso país: o drama das devolucións en quente, o incumprimento dos dereitos humanos máis básicos, a violencia e a crueldade que se exerce contra os que tratan de saltar o valo, a inoperancia das institucións, a falsidade e hipocrisía políticas e a invisibilidade total á que quedan relegados tanto o traballo da súa asociación como os nenos e nenas que dependen da súa axuda.

José Palazón é un activista de referencia para todos aos que nos preocupa a situación da emigración e a infancia, unha voz que incomoda á dereita política e á que debemos escoitar hoxe máis que nunca para poñer o foco nos problemas reais aos que nos enfrontamos e non deixarnos confundir polo discurso enganoso que se estende na nosa sociedade.

Aínda que non saibas ata onde chegou co seu traballo, seguro que si coñeces a súa fotografía “Paisaxes de desolación” coa que conseguiu remover conciencias en todo o mundo.

Organizan o Foro Galego de Inmigración, en colaboración con Acampa, a Facultade de Socioloxía e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.
[UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds