Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(06-11-2018)

XII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Achégase unha nova edición do noso "Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental", que nesta ocasión vai ter lugar o venres, 30 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1).

Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e sobre o tipo de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.
Ademais, o grupo traballa na busqueda da implicación, de maneira activa, da Administración e profesionais (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demais profesionais vinculados) para asegurar o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.

Esta edición, que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade, ten como finalidade:
• Informar e sensibilizar ós profesionais de diferentes campos das particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan alteracións da saúde mental.
• Dar a coñecer ós profesionais de diferentes campos novos modelos de apoio as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, tales como a planificación centrada na cognición.
• Promover unha reflexión crítica, racional e realizada dende a distancia, sobre os servizos e apoios que se prestan nas organizacións, para avanzar cara a calidade de vida da persoa.
• Ofrecer ós profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre estratexias e mecanismos para lograr a capacitación das familias no apoio condutual positivo.
• Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.

Preme no enlace e descarga o programa e inscrición: http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1552-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental-apuntate

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds