Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(22-10-2018)

A Xunta aposta polo benestar das persoas hospitalizadas no hospital de Ourense acompañándoas con voluntarios

O programa Voluntariado Gold, das Consellerías de Política Social e Sanidade, permitirá que os doentes realicen actividades físicas e de socialización neste espazo.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe a cuberta biosaudable do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde mozos e mozas realizarán tarefas de acompañamento ao abeiro do programa Voluntariado Gold.

Nesta iniciativa das Consellerías de Política Social e Sanidade participan persoal sanitario e persoas voluntarias co obxecto de humanizar o tratamento aos doentes nos hospitais públicos. A directora xeral destacou que este o programa Voluntariado Gold no CHUO comezará en vindeiras datas, e destacou que “é unha aposta polo protagonismo do voluntariado coas persoas que máis o precisan”.

A cuberta, emprazada na azotea do edificio de hospitalización, conta cun espazo de paseo ao aire libre, un horto terapéutico, mesas e un parque biosaudable. Facer uso deste espazo presenta grandes beneficios para pacientes e familiares ao entrar en contacto co aire libre. Ademais é adecuada para realizar actividades físicas e constitúe un punto de socialización, ambos factores esenciais para a mellora da calidade de vida e do estado de ánimo.

Cómpre destacar que o CHUO incorpora, no marco do proxecto europeo H2050, diversos recursos de innovación sanitaria. Entre eles están a Unidade de Hospitalización Experimental con 21 camas, novas áreas de investigación e docencia e os últimos avances no eido da domótica e a bioenxeñaría, ademais desta cuberta biosaudable, adaptada a actividade asistencial e de educación para a saúde.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds