Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(12-09-2018)

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2018: ILLA DE ONS

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na Illa de ONS.

O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación etnográfica, medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.


As actividades previstas son as seguintes:

• Ruta de recoñecemento da illa e lugares de traballo.
• Eliminación de lixo mariño nas praias e sistemas dunares.
• Eliminación de Especies Vexetais Exóticas Invasoras (EEI).
• Eliminación de rebrotes de eucaliptos.
• Labores por definir en caso de crisis ambiental como incendio, vertedura de hidrocarburos, varamentos de animais mariños...


O programa desenvolverase en quendas de 5 días, onde poderán participar un máximo de 6 persoas voluntarias, do seguinte xeito:
1ª QUENDA: Do 24 ao 28 de setembro.
2ª QUENDA: Do 01 ao 05 de outubro

Máis información e inscrición na seguinte ligazón.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds