Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(11-09-2018)

A ASCM ORGANIZA UNHA CARRERIA INCLUSIVA DE COR

A Asociación Sociocultural ASCM celebrará o sábado, día 29 de setembro, en Ferrol a I Carreira Inclusiva de Cor SporTod@s. Trátase do que se denomina unha “Holi Run”, un evento eminentemente festivo no que os e as participantes son espolvoreados con distintas cores ao longo do percorrido por voluntarios e voluntarias da organización. O traxecto realizarase en A Malata na contorna do recinto feiral de Ferrol a partir das 17:30 horas.

A carreira pretende ser unha iniciativa inclusiva e polo tanto non se establecerán limitacións de participación de ningún tipo, podendo inscribirse persoas de todas as idades e condicións que, si o desexan poderán ir acompañados tamén polas súas mascotas, ás que, por suposto, se lles asignará tamén un dorsal.
A inscrición está aberta desde o luns día 10 e mantenrase ata o día 20 de septembro e poderase formalizar nas oficinas da ASCM en Ferrol (R/ San Roque e Ánimas, Bloque, 2 – Baixos 18-19 – Fronte ao polideportivo de Esteiro). Para os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos a inscrición é de balde. Para o resto das idades e colectivos, consultar no teléfono 981 35 14 30.
Os que prefiran inscribirse por Internet, poderán facelo a través do seguinte enlace: https://goo.gl/forms/8OVJVNdkjIPbS01m1
Os interesados poderán solicitar todo tipo de información ao respecto chamando ao teléfono 981 35 14 30 ou a través do mail ascm.ferrol@ascmferrol.com.


[ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL ASCM]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds