Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-09-2018)

A Xunta promove a solidariedade e a participación dos escolares a través da sétima edición do Pasaporte Solidario

O programa consiste nun pasaporte destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado.

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para participar na sétima edición do programa Pasaporte Solidario, unha iniciativa que busca promover valores de solidariedade e participación entre toda a comunidade educativa
Outro dos obxectivos pasa porque os escolares se comprometan coa sociedade e co entorno no que viven como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.

O programa consiste nun pasaporte destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado (ecoloxía, igualdade, consumo, civismo, internacional..) As persoas voluntarias que queiran participar nesta iniciativa recibirán un pasaporte que irá cubrindo a medida que vaia realizando as accións solidarias. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias a elixir unha, para que sexa máis doado, pero tamén existe a posibilidade de rexistrar outras accións solidarias e que non se correspondan exactamente coas indicadas no pasaporte.

O Pasaporte Solidario é individual e propón xustamente varias actividades solidarias. Entrégase a cada neno e nena, que, se ben ten que plasmar a súa experiencia persoal, é posible vivir esta en grupo, e servirá de rexistro dunha serie de accións solidarias que poderán realizar ao longo do curso escolar.

Consta de tres modalidades: nivel 1 (para as persoas voluntarias que participan no primeiro ano), nivel 2 (nivel avanzado) e Camiño de Santiago, esta última é unha nova modalidade que se introduciu o pasado curso escolar e que está orientado a achegar información e apoio aos peregrinos da Ruta Xacobea.
A entrega é gratuíta, e así cada centro que o solicita recibe os exemplares cos que está disposto a traballar.

No ano 2017-2018 participaron os Colexios La Salle de Ferrol, o CEIP plurilingue Os Casais de Ares,o IES David Buján de Cambre, o CEIP de Laredo de Chapela, o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, o CEIP de Quiroga, o CEIP o Ruxidoiro de Barbadás, e o CEIP Barrantes de Tomiño, o CPR Miraflores de Ourense, o Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús-Carmelitas de Ourense, o CEIP O Bolo, o CEIP plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de Trives e o colexio Plurilingüe Mariano de Vigo.
No curso pasado solicitaron un total de 1174 pasaportes, dos cales 607 son do Nivel 1, 487 do Nivel 2 e 80 do Camiño de Santiago.


Con este proxecto, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ofrece unha programación para que os mozos e mozas galegos teñan a posibilidade de desenvolver un itinerario voluntario completo e continuo, que comeza en primaria con “Móvete”, segue co “Pasaporte Solidario”, dirixido a mozos de ata 12 anos; continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

Desde o ano 2011 levan participado neste proxecto un total de 139 centros, dos cales algúns veñen sendo colaboradores habituais en anos anteriores e foron repartidos un total de 10356 pasaportes.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds