Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-09-2018)

Voluntariado ambiental en Touron (Melón)

Máis de 10 rapaces e rapaces do grupo Scouts AEIG Sant Esteve de Granollers procedentes de Cataluña están nos montes de Tourón (Melón) dende o pasado luns día 3 ata o luns 10 de setembro para participar en distintas actuacións nunha das zonas máis afectadas polos lumes do mes de outubro do ano pasado.

Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.


Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Durante os meses pasados de xullo e agosto estiveron convivindo no mesmo monte tres grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, e AEIG Maspons i Anglasell procedentes de Barcelona con máis de 60 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Estas accións contan tamén con apoio do Grupo Scout ILEX 695 de Ourense que está a facilitar apoio loxístico no establecemento da zona de campamento onde están aloxados estes rapaces e rapazas.
Os traballos que se van a levarán a cabo nesta primeira semana de setembro serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.


Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds