Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(08-08-2018)

CURSO : O VOLUNTARIADO EN PLENA INCLUSIÓN: ORIENTACIÓNS PARA A XESTIÓN DO VOLUNTARIADO (II)

DESTINATARIOS:
Responsables de voluntariado ou profesionais que se encarguen desta área en entidades sociais.

NÚMERO DE PRAZAS: 25 prazas

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 12/09/2018

NÚMERO DE HORAS CURSO: 15 horas

DATAS DE REALIZACIÓN: 20 e 21 de setembro de 2018

HORARIO: De 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30 horas

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Asociación Área Empresarial do Tambre
Vía Edison, 1. 15890 Santiago de Compostela.

Comunicarase a admisión ó e‐mail indicado na ficha de inscrición o día 14 de setembro de 2018.
Unha vez superado o curso, emitirisase un certificado acreditativo ós alumnos, sempre que asisten ó 75% da acción formativa.

Para inscribirse : Enviar vía e‐mail a formacion@fademga.org ou vía fax ó 981519651 á atención do Servizo de Formación a seguinte documentación:
• Ficha de inscrición e LOPD cumplimentada e asinada.
Á hora de seleccionar os participantes do curso, primarase:
1. ter sido alumno/a da 1ª edición desta temática realizada o 23 de febreiro de 2018.
2. pertencer a entidades federadas.
3. a orde de chegada da solicitude á Federación.



CONTIDOS
Módulo 1 : O VOLUNTARIADO NO PROXECTO COMÚN DE PLENA INCLUSIÓN.
U.D. 1: O proxecto común e o posicionamento de Plena inclusión.
U.D. 2: A práctica diaria das entidades.
Módulo 2 : CALIDADE PLENA INCLUSIÓN NO VOLUNTARIADO
U.D. 1: Calidade de vida: -Que aporta o voluntariado e como o aporta.
U.D.2: Ética.
2.1. O Código Ético de Plena inclusión: elementos esenciais na labor do voluntariado.
2.2. Detección de situacións non éticas.
2.3.Xestión de conflitos e situacións problemáticas: identificación e comprensión de situacións problemáticas e de conflito, ferramentas para a xestión, entrenamento na xestión de conflitos e situacións problemáticas.
U.D. 3: Servizo de Voluntariado,
3.1. Definición do Servizo: Definición. Recursos necesarios. A figura do responsable: perfil e competencias.
3.2. Xestión do Voluntariado: Sensibilización captación. O ciclo da persoa voluntaria.
3.2.1. Os beneficios de ser persoa voluntaria: beneficios persoais e sociais, o recoñecemento da acción voluntaria.
3.2.2. Habilidades sociais: identificación de habilidades sociais para a acción voluntaria e entrenamento en habilidades sociais.
3.2.3. Traballo en equipo: natureza do traballo en equipo e entrenamento para el traballo en equipo.
3.2.4. A implicación emocional na acción voluntaria: motivacións, aptitudes e actitudes para o desenvolvemento da acción voluntaria, a xestión das emocións, as vinculacións.
3.2.5. A formación en materia de prevención de riscos laborais.
3.3. Funcións do Servizo de Voluntariado: Xestión do voluntariado. Coordinación con outros departamentos. Mediación,
3.4. Outros tipos de voluntariado: O voluntariado das familias. O voluntariado das persoas con discapacidade intelectual

PERFIL DOCENTE:
DNA. SILVIA MUÑOZ LLORENTE, Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. Máster en Saúde Pública pola University of the West of England. Postgrado en Accesibilidade Universal e deseño para Todos da Universidad La Salle. Actualmente é responsable da Área de Voluntariado en Plena inclusión.

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds