Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(19-07-2018)

voluntariado forestal Tourón

Voluntariado ambiental en Touron (Melón)

Durante o mes de xullo grupos Scouts de Cataluña coordinados por activistas de Amigos da Terra desenvolverán accións de rexeneración nos montes queimados en Melón.

Máis de 60 rapaces e rapaces de tres grupos Scouts de Cataluña estarán nos montes de Tourón (Melón) durante a última quincena de xullo para participar en distintas actuacións nunha das zonas máis afectadas polos lumes do mes de outubro do ano pasado. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a MVMC e O Tourón ten previsto continuar coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Dende o pasado martes 17 e ata o vindeiro martes 24 de xullo, estarán convivindo no mesmo monte dous grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, procedentes de Barcelona con máis de 40 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Posteriormente dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto tomará o relevo o grupo AEIG Maspons i Anglasell con 15 rapaces e rapazas entre 11 e 13 anos. A súa presenza responde ao chamamento de colaboración que levaron a cabo estes grupos coñecedores das terribles consecuencias da vaga de incendios que tivo lugar en Galicia en outubro do ano pasado.

Os traballos que se van a levarán a cabo nesta ultima quincena de xullo serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Os traballos levaranse a cabo polas mañás de luns a sábado entre as 10.00 e as 13:00 h aproximadamente.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds