Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(27-06-2018)

A OMIX Ribadavia busca 1 interesadas e interesados para un proxecto de Voluntariado Europeo EVS (servicio de voluntariado europeo) en Italia

A actividade durará do 07/09/2018 ao 01/09/2019.

12 mese para un proxecto de voluntariado do programa Erasmus+ en Turin.

O prazo límite para recibir inscripcións é o 2 de Xullo de 2018

A OMIX Ribadavia busca 1 interesadas e interesados para un proxecto de Voluntariado Europeo EVS (servicio de voluntariado europeo) en Italia para unha actividade que duraría do 07/09/2018 a 01/09/2019. Unha duración de 12 mese para un proxecto de voluntariado do programa Erasmus+ en Turin.

O prazo límite para recibir inscripcións é o 2 de Xullo de 2018

Sería para apoio a Cooperativa Social Stranaidea Impresa Sociale Onlus en actividades de área social e con diferentes tipos de usuarios, e un ou máis destes servizos e actividades relacionadas, propoñeránselle a cada voluntario para levar a cabo o seu proxecto e así obter unha ampla experiencia nesa organización.

As áreas son as seguintes:

– actividades con nenas e nenos e persoas discapacitadas adultas (administramos centros diarios realizando actividades artísticas, deportivas, musicais, de socialización, produtos de artesanía para vender, apoio no estudo, intervencións individuais con nenos e familias, etc.);

– actividades con nenos de 0-3 e 4-6 anos (xardín de infantes, salas de xogos para actividades de socialización, talleres creativos, manuais, físicos, teatrais, etc.);

– proxectos de teatro social e comunitario coa comunidade local (novas, adultos, grupos, discapacitados, adultos con dificultades, etc.) e persoas discapacitadas dentro e fóra de Stranaidea;

– actividades diarias cun pequeno grupo de persoas sen fogar (xardinería, cociña, pintura, limpeza, etc.)

As e os candidatas/os e as organizacións de envío deben enviar a omix.ribadavia@gmail.com un CV (prefírese o formato Europass) cunha foto (baixa resolución) e un formulario de solicitude que é esencial para a candidatura, sen el a candidatura non se toma en consideración . A carta de motivación non é necesaria xa que pedimos motivar a súa candidatura no formulario de solicitude.




https://omixribadavia.wordpress.com/2018/03/13/buscamos-5-interesadas-e-interesados-para-un-proxecto-de-voluntariado-europeo-en-italia-turin/

--
[CONCELLO DE RIBADAVIA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds