Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(04-06-2018)

Buscamos voluntarios en Ourense

FEAFES Galicia precisa un voluntario que poida acompañar a unha persoa con problemas de saúde mental dende a residencia Troncoso ata a asociación Morea para acudir ás terapias e talleres.

Nome do proxecto: Acompañamento a persoas con enfermidade mental

Datas: 01/06/2018 a 31/05/2019

Horario: De luns a venres de 8:30 a 9:00 e de 12:30 a 13:00

Obxectivo xeral: Fomentar a integración social das persoas con problemas de saúde mental a través do voluntariado en acompañamentos coa fin de mellorar a calidade de vida deste colectivo e dos seus familiares

Obxectivos específicos:

- Acompañamento de persoas con problemas de saúde mental dende a residencia para persoas con enfermidade mental Troncoso (sita na Rúa Serra Martiñá, 32, 32005 Ourense) ata a asociación Morea (sita na Rúa Marcelo Macías, 5, 32002 Ourense), a fin de poder acudir ás terapias e talleres da asociación que contribúen á mellora das súas capacidades e habilidades

- Mellorar o nivel de autoestima, confianza e autonomía das persoas con problemas de saúde mental

- Reforzar e adquirir habilidades sociais e hábitos de vida saudables por parte dos participantes

- Propiciar as relacións sociais das persoas con problemas de saúde mental, evitando o seu illamento

- Aliviar aos familiares e/ou coidadores da sobrecarga da atención cotiá

- Sensibilizar á poboación sobre a importancia do voluntariado e favorecer o seu recoñecemento entre a sociedade

Funcións da persoa voluntaria:

- Apoio e asistencia directa

- Orientación e asesoramento

Actividades a desenvolver pola persoa voluntaria:

- Acompañamento a persoas con problemas de saúde mental

- Escoita, atención de consultas, préstamo de apoio e información ás persoas con problemas de saúde mental

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 30 minutos

Número total de persoas voluntarias: 2

Persoa de contacto: Félix Alonso Gómez, orientador laboral de FEAFES Galicia

Teléfono de contacto: 988 601 194 / 689 881 872

Enderezo electrónico de contacto: felix.alonso@feafesgalicia.org

Horario de atención e información ás persoas interesadas: De luns a venres de 08:00 a 15:00
[FEAFES GALICIA, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL DE GALICIA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds