Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(23-05-2018)

GALA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE

O próximo 30 de maio os alumnos do instituto compostelán Rosalía de Castro organizan o evento para recadar fondos para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

O alumnado de B.I. do Instituto compostelán Rosalía de Castro organizan o próximo 30 de maio, Día Mundial da Esclerose Múltiple, unha gala solidaria ás 19:00 h. no auditorio do centro para apoiar á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), como proxecto da materia ‘Creatividade, Acción e Servizo’.

As entradas para a gala están á venda no instituto e tamén poderán adquirirse o mesmo día do evento a partir das 18:00 h. na porta principal do centro.

Lugar de celebración:IES Rosalía de Castro (R/San Clemente, 3, 15705).


[ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds