Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(14-03-2018)

A Xunta e a REAJ promoven a mobilidade dos mozos e mozas galegos a través dun programa de intercambios internacionais

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu á presentación da quinta edición do programa de intercambios internacionais que pon en marcha a Red española de albergues juveniles (REAJ) e a Xunta de Galicia en albergues internacionais. No acto tamén estivo presento o Director General de Juventud de Murcia y presidente da REAJ, Javier Sánchez López.

O programa de intercambios proporciona aos mozos e mozas unha oportunidade única de vivir e colaborar en albergues doutros países onde poderán gozar dunha experiencia internacional mellorando as súas habilidades e capacidades.

O obxectivo do programa é potenciar o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade, facilitándolles formación en distintas actividades profesionais. “Unha oportunidade única para medrar persoal e profesionalmente, coñecer outras culturas e descubrir novos lugares de Europa”, afirmou a titular autonómica.

Esta nova convocatoria ábrese hoxe e ofertará prazas en albergues da República Checa, Escocia, Eslovenia, Portugal, Países Baixos, Italia, Croacia e Inglaterra.

A convocatoria está aberta a rapaces e rapazas de 18 a 30 anos de idade que teñan o carné de alberguista e que acrediten o nivel B1 en lingua inglesa. Os participantes só asumirán o coste do desprazamento, xa que o aloxamento e a manutención son gratuítos. A duración dos intercambios é de entre dúas semanas e un mes e a xornada dos participantes é de 30 a 40 horas semanais, con dous días libres por semana.

Os interesados deberán apuntarse na páxina web da Reaj. Tras completar o formulario, os e as candidatas teñen que enviar por email a voluntariado@xunta.gal o carné de alberguista escaneado, o certificado de nivel B1 en inglés ou o de selectividade/bacharelato, así como unha carta de motivación en inglés explicando por que queren participar no programa.

Cómpre destacar que 137 mozos e mozas participaron xa neste programa desde o seu lanzamento.

Ligazón á información do programa e folla de inscrición

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds