Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(08-03-2018)

A Xunta fai entrega dos certificados de experiencias voluntarias ás persoas que puxeron en valor o Monte Comunal de Valladares

A iniciativa estivo enfocada a diminuír os danos que se producen no patrimonio cultural do entorno así como reducir o risco de lume.

Está enmarcada na subvención para entidades de acción voluntaria e entidades locais ao abeiro do programa de Servizo de voluntariado xuvenil 2017.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, fixo hoxe entrega dos certificados de experiencias voluntarias a oito persoas que efectuaron diversas actuacións dentro do deslinde do Monte Comunal de Valladares.

O proxecto de actividades estivo enfocado a diminuír os danos que se producen no patrimonio cultural e dar a coñecer o patrimonio paisaxístico e forestal que existe no monte veciñal e reducir o risco de lume. Deste xeito, os voluntarios velaron para que os usuarios e visitantes teñan un comportamento cívico e respectuoso co entorno no que se atopan; conqueriron que o monte comunal e o seu patrimonio se atopen no mellor estado de mantemento e conservación posible; guiaron a informaron aos visitantes que o precisaron sobre as características do entorno; e fixeron labores de vixilancia e prevención contra lumes.

Esta iniciativa enmárcanse na subvención para entidades de acción voluntaria e entidades locais ao abeiro do programa de Servizo de voluntariado xuvenil 2017. O número de beneficiarios destas accións ascenden a 12.000 persoas.

Cómpre destacar que no ano 2016 se emitiron 11 certificados de experiencias voluntarias e na actualidade xa se expediron 618, correspondentes a accións desenvoltas ao longo do pasado ano.

Así mesmo, no 2017 o número de accións voluntarias depositadas aumentou un 56% e o 79% das persoas voluntarias que depositaron as súas experiencias solicitaron a emisión do certificado de acción voluntaria que acredita as competencias adquiridas co obxecto de mellorar a súa empregabilidade e proxección de futuro no mercado laboral.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds