Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(17-03-2018)

Curso monitor/a actividades de tempo libre

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Fórmate nun traballo con ampla demanda

Comezamos a primavera cunha das nosas formacións favoritas dentro da Educación Non Formal. Unha formación con ampla saída laboral para traballar con nenos/as, adolescentes, adultos, persoas maiores, colectivos en risco de exclusión, natureza...

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 17 de marzo - 10 de xuño

Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30/21 segundo a fin de semana. Entregarase calendario co horario concreto de cada fin de semana.

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
Animación
Educación para a Saúde
Educación Medioambiental
Organización e Recursos
Aportación: 200 € socios/as e desempregados; 225 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 15 de marzo: 70/90

Segundo pago, antes do 15 de abril: 65/70

Terceiro pago, antes do 15 de maio: 65/65

Documentación a entregar:

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

- Foto de carné

- Resgardo bancario do pago da matrícula

- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte so tes que dirixirte ao seguinte enlace:

http://www.xaruma.org/evento/358_eventosxaruma.html

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.

[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds