Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(25-01-2018)


OS BOLECHAS APRENDEN A SER PERSOAS VOLUNTARIAS

Vén de publicarse en coedición con Bolanda una nova guía dos bolechas que nos introduce no mundo da acción voluntaria.

Os bolechas aprenden a ser persoas voluntarias / Ilustracións e textos, Pepe Carreiro. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e Bolanda, 2017. 32 p. : il. cor ; 15 x 21 cm.

As aventuras dos bolechas están protagonizadas por seis hermanos e o seu can. Estes contos para nenos forman diversas coleccións: guías, cadernos, etc., a través das cales, numerosas entidades e institucións usan esta familia para dar a coñecer as máis variadas iniciativas. Neste caso, trátase dunha guía didáctica dirixida ao público infantil co obxecto de dar a coñecer o significado do compromiso social a través da acción voluntaria. Os bolechas, presentan o labor de voluntariado desenvolvido pola súa familia: tíos, avós, país… e introdúcenos no que significa ser unha persoa voluntaria e o papel que xoga na sociedade no que respecta á protección do medio, axudas a outras persoas… , de forma altruista e en beneficio da sociedade na que nos desenvolvemos. O uso dunha linguaxe asequible e unhas atractivas ilustracións favorecen a lectura do público infantil ao que vai dirixido.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/interior_definitivo_voluntariado-21nov_r.pdf

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds