Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(20-12-2017)

Xornadas 'Galicia en Seca'

A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) lanza o xoves día 21 de decembro ás 9:30 da mañá as Xornadas Galicia en Seca que se celebrarán no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC na Coruña. As xornadas pretenden poñer en claro as problemáticas que teñen que ver coa seca determinado cales veñen causadas por unha mala xestión e cales por causas externas sempre dende un punto de vista técnico.

PROGRAMA:
9:30. PRESENTACIÓN
10-12 MESA DE CAUSAS E SOLUCIÓNS
Cambio climático. A seca chegou para quedarse? Juan Antonio Añel Cabanelas.
Investigador Ramón y Cajal no EphysLab.
Auga e enerxía. Benigno Antonio Rodríguez. Investigador e docente da Universidade da
Coruña
Solucións. Índices de seca, técnicas de avaliación e aplicación a un proxecto
concreto. Manuel Alí Álvarez. Investigador e docente da Universidade de Santiago de
Compostela
As administracións públicas na xestión da auga en Galicia. Laura Fernandez, técnica
de Augas de Galicia.
Participación/transparencia. Miño Guerreiro. Presidente de Enxeñería Sen Fronteiras
Galicia.
12-12:30 DESCANSO
12:30- 14:30 MESA DE EFECTOS E MEDIDAS PALIATIVAS
O acceso á auga no rural. Rafael Carrera. Presidente de COXAPO.
A seca na actividade agropecuaria. Xavier Gómez. Coordinador de sectores gandeiros do
Sindicato Labrego Galego
Escaseza na área urbana. María García. Concelleira de medio ambiente e mobilidade
sostible do Concello da Coruña
Ecosistemas e seca. Verónica Torrijos, ADEGA.
Pódese vivir con 50l ao día? David Pou, periodista.
14:30 PETISCOS

Para máis informacións contactar con epd.corunha@isf.es ou visitar galicia.isf.es.
[ASOCIACION ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds