Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(28-11-2017)

melon incendios

Comezan as accións de voluntariado para a rexeneración en zonas queimadas na zona de Melón

Amigos da Terra en colaboración coa Asociacíón Vergasta levaron a cabo a primeira acción de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón). Varias persoas da zona convocadas por Vergasta e acompañados por unha vintena de voluntarias e voluntarios que acudiron ao chamamento de Amigos da Terra, xuntáronse nunha das zonas máis afectadas polos lumes do pasado mes para realizar as primeiras actuacións de recuperación, orientadas á retención do solo fronte a erosión que poida sufrir debido as chuvias dos vindeiros meses.

Actuacións para miminizar a erosión do solo e contaminación das augas do río polo arrastre das cinsas

As accións levadas a cabo consistiron en dispersar palla nas zonas que tras os lumes quedaron sen cobertura vexetal e a construción de barreiras a partir de restos naturais en franxas perpendiculares á penden-te nas zonas preto das correntes de auga. A implicación e o duro traballo levado a cabo durante a xornada extendeu a as accións ao longo dunha superficie aproximada de sete hectáreas.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscamos a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

O próximo domingo, continuaremos coas actuacións de recuperación nesta zona ata chegar a cubrir toda á superficie arrasada polo lume na zona de monte comunal, dunhas 11 hectáreas, con estas medidas de “primeiros auxilios” de protección e mantemento do solo, que máis adiante poderían complementarse con accións para axudar na rexeneración da cobertura vexetal. Ao mesmo tempo, ao longo dos próximos meses, contemplase levar a cabo actuacións semellantes noutras zonas afectadas polos incendios.

Agradecementos

O equipamento que se empregou foi adquiridos grazas ás achegas do Concerto Expansivo por un Monte Vivo e outras doazóns que xenerosamente nos fixeron chegar empresas e particulares.

Queremos agradecer a absoluta entrega, entusiasmo e ánimo desbordante de todas as persoas voluntarias participantes, un verdadeiro exemplo de cidadanía comprometida. Extendemos tamén a nosa gratitude de Pablo Pachón, que documentou fotográficamente a nosa acción e nos cedeu amablemente as súas instantáneas.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds