Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(26-09-2017)


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo de inscrición do Curso de Voluntariado: Nivel de especialización de carácter xenérico

Está destinado preferentemente ao persoal técnico e ás persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da administración autonómica.

Será unha formación en liña con 20 horas lectivas e sen límite de prazas.

A Xunta de Galicia abre o prazo este mércores 27 para a inscrición na segunda edición do curso de voluntariado: nivel de especialización de carácter xenérico 2017, destinado preferentemente ao persoal técnico e ás persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da administración autonómica.


Cunha duración de 20 horas lectivas, e sen límite de prazas, esta formación en liña, impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inclúese no plan de formación para as persoas voluntarias e os profesionais de promoción e xestión do voluntariado proposto desde Voluntariado Galego, co obxectivo de mellorar a xestión do ciclo da acción voluntaria,en termos de transparencia, eficacia e eficiencia en consonancia cos retos establecidos na Estratexia Galega de Acción Voluntaria (2016-2018).


Ao longo dos cinco módulos nos que está estruturado o curso, as persoas participantes comezarán aproximándose ao significado do que supón en termos de emocións a acción voluntaria afondando na análise das motivacións, e definición das aptitudes e actitudes das persoas voluntarias. Continuarase co estudo de habilidades sociais, coa proposta de creación de grupos de traballo e a adquisición das técnicas necesarias para resolver hipotéticas situacións de conflitos.


No 2017, por unha banda consolídase a oferta formativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado coas segundas edicións dos cursos de formación básica en proxectos de voluntariado e de especialización con carácter xenérico máis o de voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable, respectivamente, e, por outra, incorpóranse como novidades temáticas novas accións de carácter formativo, como o de Voluntariado e continxencias mariñas e Voluntariado e riscos laborais.


Está previsto igualmente no derradeiro trimestre do ano un curso de voluntariado en catástrofes e emerxencias.


As persoas interesadas en participar neste novo curso poderán incribirse a través da páxina web de Voluntariado Galego.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds